Ir o contido principal

CURSO PARA PERSOAS DESEMPREGADAS_PROMOCIÓN DA IGUALDADE EFECTIVA ENTRE HOMES E MULLERES

A formación deste curso enfócase a analizar as situacións de desigualdade de xénero e as consecuencias que ten para a comunidade. Estúdanse os recursos e as actividades para acadar a igualdade entre homes e mulleres.
No curso diséñanse campañas de sensibilización, elaboración de material de difusión (folletos, carteis, etc.), diseño de proxectos de prevención da violencia de xénero, etc.
Ámbitos profesionais:
Administracións públicas, empresas, asociacións, fundacións, organismos que traballan directamente coa igualdade.
Ocupacións que podería desempeñar despois de realizar esta formación:
_Técnico/a de apoio en materia de igualdade efectiva de mulleres e homes.
_Promotor/a de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
_Promotor/a para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Titulación que se acadaría:
Certificado de profesionalidade de promoción da igualdade efectiva entre homes e mullerres.
Requisitos:
_Estar en situación de desemprego
_Acreditar algunha destas titulacións: Bacharelato.
Certificado de profesionalidade de nivel 3.
Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.
Competencias clave para o nivel 3.
Requisitos de acceso a un ciclo de grao superior.
Proba de acceso a universidade para maiores de 25 e/ou de 45.
Total en horas: 588
450 horas do curso.
120 horas prácticas empresa.

Datas de impartición: 6 de abril a 27 de setembro de 2021
Horario: meses de abril e maio de 15 a 21 horas e de xuño e xullo de 9 a 15 horas. O horario das prácticas en empresa estará suxeita ao horario da entidade.
Lugar de impartición: CIFP A Xunqueira (Pontevedra). Información: Teléfono: 886159860 Correo electrónico: cifp.xunqueira@edu.xunta.gal
Inscrición: antes do 19 de marzo de 2021 nas seguintes canles: www.emprego.xunta.gal / Oficina de emprego