Ir o contido principal

CURSO FORMATIVO DE GUÍAS NA REDE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS_ABERTO PRAZO DE INSCRIPCIÓN

🚨ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O CURSO FORMATIVO DE GUÍAS NA REDE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

⭐Todas as persoas maiores de idade poden inscribirse e participar neste curso, aínda que terán preferencia aquelas que garden relación coa contorna socioeconómica do parque. O obxectivo principal do proxecto é facilitar capacidades aos participantes para poder exercer adecuadamente as funcións de guías de persoas e/ou grupos nos diferentes Parques Nacionais.

👉O curso, no que colaborará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda –a través do Parque Nacional-, terá unha duración de 70 horas e desenvolverase mediante unha plataforma de aprendizaxe en liña. É a primeira fase do mesmo, que se celebrará entre o 21 de xuño e o 6 de agosto de 2021. Tamén se prevé unha parte práctica, presencial e obrigatoria, de 30 horas, que se celebrará nas Illas Atlánticas, a finais de setembro.

📌Todas as persoas que desexen participar deberán solicitalo a través da ficha de solicitude de participación, que deben remitir por correo electrónico a for.ceneam@oapn.es. Se cumprimentará unha solicitude por persoa e parque para o que se solicita o curso, ata o 16 de maio.