Ir o contido principal

CURSO DE FORMACIÓN E COACHING PARA MULLERES DESEMPREGADAS A CONSECUENCIA DA COVID-19 CON RESPONSABILIDADES A CARGO

Dende a Fundación MÁSHUMANO en colaboración con Endesa, ponse en marcha o Programa IMPULSA MUJERES, totalmente gratuíto, para axudar a mulleres desempregadas con fillos e fillas a cargo ou outras responsabilidades familiares que sufriran a perda do seu emprego a consecuencia da crise económica provocada pola Covid-19.

Esta formación online e o coaching grupal axudará a mellorar as súas competencias de empregabilidade.

En Galicia a convocatoria está aberta ata o 17 de marzo.

Para todas aquelas que estades interesadas, facilitamos a información de contacto ofrecida:

web: https://impulsamujeres.mashumano.org/

Twitter: https://twitter.com/Fundmashumano

LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/fundacion-mashumano/

FB: https://www.facebook.com/fundacionmashumano