BOPPO Nº 66_DEPUTACIÓN PROVINCIAL, publica:
BASES REGULADORAS DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2021.
Persoas destinatarias e requisitos
As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisan preparar o
exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.
Os requisitos das persoas participantes serán:
— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española
— Ser maiores de 16 anos
— Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
— Atoparse en situación administrativa regular en España
— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
— Saber ler e escribir
— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER.
Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:
PRIMEIRA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra
— Datas: do 24 de maio ao 11 de xuño
— Número de horas: 40
— Horario: de 15.30 a 18.10 horas
— Número máximo de participantes por aula: 20
SEGUNDA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra
— Datas: do 14 de xuño ao 2 de xullo
— Número de horas: 40
— Horario: de 9.30 a 12.10 horas
— Número máximo de participantes por aula: 15
TERCEIRA EDICIÓN: PONTEVEDRA. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra
— Datas: do 13 de setembro ao 1 de outubro
— Número de horas: 40
— Horario: de 9.30 a 12.10 horas
— Número máximo de participantes por aula: 20
. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de inscrición será de QUINCE (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).


