Ir o contido principal

BOPPO Nº 64_DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - ANUNCIO RELATIVO Á APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2022

ANUNCIO RELATIVO Á APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DOS CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2022

Ofértanse tres (3) edicións, de ata cincuenta e cinco (55) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por aula.

PRIMEIRA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra •  Datas: do 18 de maio ao 3 de xuño •  Número de horas: 40 •  Horario: de 9.30 a 12.30 horas •  Número máximo de participantes por aula: 20 SEGUNDA EDICIÓN: PONTEVEDRA. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra •  Datas: do 5 ao 30 de setembro •  Número de horas: 40 •  Horario: de 10.00 a 12.30 horas •  Número máximo de participantes por aula: 20 TERCEIRA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra •  Datas: do 5 ao 30 de setembro •  Número de horas: 40 •  Horario: de 15.30 a 17.30 horas •  Número máximo de participantes por aula: 15.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo. gal). Para a presentación das solicitudes, a Sede electrónica admite os certificados electrónicos do sistemaCl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe). Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.

O prazo de inscrición será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).