Ir o contido principal

BOLSAS GOOGLE EN COLABORACIÓN COA FUNDAE E SEPE

Desde Emprego Galicia queremos dar difusión ás Bolsas Google dirixidas ás persoas maiores de 18 años e interesadas en aprender unha profesión no mundo tecnolóxico para acceder ao mercado laboral ou mellorar a súa situación.

Estas bolsas posibilitan a realización de formación gratuita dos seguintes Certificados de Google:

  • Soporte de Tecnoloxías da Información
  • Análise de datos
  • Xestión de Proxectos
  • Deseño de Experiencia de Usuario
  • IT Automation with Python.

Outros datos de interés das accións formativas son os seguintes:

  • 100% online e práctica.
  • Non se require experiencia nin formación previa para cursalo, excepto naqueles máis avanzados como Python.
  • Duración: 120 horas de formación ( entre 3 e 6 meses de duración)

Trátase dun programa de ámbito estatal, para o cal é preciso indicar a comunidade autónoma de procedencia daquelas persoas que se inscriban. Para o caso de que atendan a unha persoa que se axuste a este perfil, facilitámoslle o código da comunidade autónoma e a información precisa para realizar correctamente a inscrición: