Ir o contido principal

Dinamización comercial

Dinamización comercial

CAMPAÑA QUERE O TEU MERCADO

Quere o teu mercadoA campaña “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local ademais de enxalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Durante a segunda quincena do mes de maio organizaranse actividades en máis de 50 mercados de Galicia distribuídos por todo o territorio, co obxectivo de visualizar, promocionar e activar os mesmos, incentivando a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio.

Web da campaña Quere o teu mercado

 

FEIRA DA TAPA

Feira da TapaO Concello de Cangas colabora coa Asociación Restauradores de Cangas (ARECA) no impulso e promoción da Feira da Tapa que se desenvolve anualmente no período estival en Cangas, e onde participan persoas físicas ou xurídicas cuxas actividades profesionais sexan restauración e hostalería. Con este evento a Asociación Restauradores De Cangas trata de promover o desenvolvemento económico e social do sector da restauración e da hostalería en beneficio dos intereses xerais do sector, e potenciar todas as actuacións que teñan como finalidade a promoción turística do municipio.

Web da Feira da Tapa de Cangas

 

MOSTRA DE ARTESANÍA DE CANGAS ARGÁLICA

O Concello de Cangas colabora coa Asociación para o Fomento e o Impulso da Artesanía en Galicia (AFIGA) na organización dunhas das mostras de artesanía máis importantes de Galicia. Máis de 35 artesáns mostran as súas máis recentes creacións. Artesanía de Galicia con convidados de outras rexións, expoñen a venta produtos de xoiería, marroquinería, vidro, cerámica, madeira, téxtil, entre moitos outros.

 Web da Mostra de Artesanía de Cangas Argálica

 

FEIRA DE OPORTUNIDADES DE FECIMO

FecimoO Concello de Cangas colabora con FECIMO nas edicións da Feira de Oportunidades do Morrazo, polos bos resultados e o efecto dinamizador sobre a actividade económica do municipio.

O evento ten lugar anualmente dentro da primeira quincena de xullo.

Trátase dun evento de gran calado na comarca, que garante unha fantástica publicidade do tecido comercial de proximidade, onde as empresas asociadas a FECIMO poñen ao servizo dos clientes unha oportunidade única para adquirir os mellores produtos a prezos inigualables.

Web da Federación de comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO)