Biblioteca de Coiro. Martes 29 de abril ás 17:30 h.
Son Animal. Paco Nogueiras

Moi preto de nós viven toda clase de ANIMAIS. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. E todos... co seu SON.
Paco Nogueiras, convídate a bruar como unha vaca, ladrar como un can e mesmo cacarexar como unha galiña, a través de divertidas cancións para participar en igualdade entre nenas e nenos.
Adicado a público infantil de 4 a 10 anos
- Log in to post comments