Ir o contido principal

Política Social no Concello

FacebookTwitterShare
Política Social no Concello

Desde o Concello non temos constancia de que ningunha asociación se puxera en contacto con nós nin de cómo se realizou o estudo do gasto social, que partidas se tiveron en conta ou que entenden como promoción social e servizos sociais, xa que polo dato que podemos ler na prensa sobre os resultados temos moitas dúbidas de cómo se realizou o traballo. O gasto que nos asignan é de 859.442 €, cantidade que se achega á partida de Asistencia Social Primaria dos nosos orzamentos para o ano 2016. Ao ter en conta esta partida e non outras, déixanse fóra accións que para nós son de promoción social, como a educación infantil, promoción do emprego e condutas aditivas.

Ao non consultar cos nosos servizos empregan soamente o dato orzamentado pero non o dato real do ano. Por exemplo, na partida destinada ao programa de Servizo de Axuda no Fogar (S.A.F.), onde se dá atención a persoas con dependencia, produciuse un incremento este ano de máis de 200.000 €, case duplicando a partida presupostada, grazas a ampliación por parte da Xunta das horas das que dispoñen os concellos.

Se valoramos algúns datos que, ao noso entender, deberían ser tidos en conta, vese unha gran diferenza cos do estudo, con 32,65€/habitante.

  • Asistencia Social Primaria, incluíndo o aumento de 200.000 € no S.A.F.: 1.083.745€
  • Promoción de emprego: 109.253 €
  • Asistencia a persoas con condutas aditivas: 328.349 €

Total: 1.524.347€ // Poboación: 26.567 habitantes  // Gasto por habitante: 57,26€/habitante

A estes datos poderíamos engadir datos económicos da aula de estimulación temperá, educación infantil, programas de garantía xuvenil e os gastos de electricidade, auga e mantemento das dependencias que empregan as asociacións locais de servizos sociais, que de seguro fan un dato máis real do gasto en promoción e servizos sociais que o noso concello fai.