Ir o contido principal

Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2021

FacebookTwitterShare
infancia

Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia co apoio da Xunta de Galicia, organiza actividades mediante o proxecto Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos para a formación, toma de conciencia e divulgación dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.

 

Como os pasados anos, ás actividades están divididas por grupos de idade: 6-8, 9-12 e 13-17, e podedes elixir realizar a totalidade delas ou as que máis se adapten aos vosos grupos. En descargas atoparedes a Guía de Actividades.

 

Con posterioridade á realización das actividades, cada grupo debe de reenviar as conclusión que se acaden, as cales serán achegadas aos responsables das políticas de infancia de Galicia en diversas conmemoracións que terán lugar o 20 de novembro en coordinación coa Xunta de Galicia.

 

Este ano ten como novidade de que os grupos de participantes teñen a posibilidade de elaborar propostas sobre as temáticas elixidas. As cuestións enviadas polos nenos e nenas axudarán á preparación do exame que o Comité sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas fará a España, mediante o cal realízase a análise sobre o cumprimento dos dereitos da infancia no noso país. 

 

Para participar nas actividades, só tedes que inscribirvos antes do 30 de xuño. As conclusións acadadas coas actividades serán recepcionadas ata ese mesmo día. 

 

Para máis información ou inscricións ao proceso participativo podedes seguir a seguinte ligazón: https://infanciagalicia.org/aberto-o-prazo-de-inscicions-polo-dia-da-infancia/ 

 

Para calquera outra consulta podedes poñervos en contacto connosco no seguinte email participación@infanciagalicia.org 

 

Esperamos contar convosco neste proceso para axudar a dar voz ás mozas, mozos e adolescentes de Galicia.