Ir o contido principal

XXII TROFEO VILA DE CANGAS DE FÚTBOL

FacebookTwitterShare
torneo futbol

📣Onte, martes día 7 de setembro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XXII TROFEO VILA DE CANGAS DE FÚTBOL🏆.

O acto acudiron Mariano Abalo (Concelleiro de Cangas) e José Luis Priego, José Bermúdez e Pepe García (Directivos do Alondras C.F.).

O encontro, que terá lugar 🗓HOXE mércores, día 8 de setembro, no Campo de Fútbol Municipal do Morrazo, trascorrerá en horario de 20.00/22.00 h, e nel enfrontaranse o ALONDRAS C.F. vs R.C. CELTA DE VIGO “C” – Gran Peña.

👉A entrada será GRATUITA para tódolos/as asistentes.

O encontro está organizado polo ALONDRAS C.F., e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS.

 

presentacion