XVI TROFEO CONCELLO DE CANGAS DE TENIS DE MESA
Este mércores, día 15 de setembro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XVI TROFEO CONCELLO DE CANGAS DE TENIS DE MESA – Memorial Amador Álvarez.
O acto acudiron Mariano Abalo (Concelleiro de Cangas) e Ángel Fernández (Presidente do Club Cinania T.M.).
A competición, que terá lugar os días 18-19 de setembro no Pavillón Municipal de Romarigo, trascorrerá en horario de 10,00/14,00 - 16,00/20,00 h, e nel participarán preto de 250 palistas.
No evento competirán deportistas en categoría BENXAMIN (mas + fem) / ALEVIN (mas + fem) / INFANTIL (mas) / XUVENIL (mas) / SENIOR (mas + fem) / ABSOLUTO (mas + fem) / VETERÁNS +40, +50, + 60 (mas) / AFECCIONADxS (mixta), achegados dende diferentes puntos da xeografía galega e portuguesa.
A competición está organizada polo CLUB CINANIA T.M., supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS DE MESA e conta co patrocinio da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS
- Log in to post comments