O PLAN +MÚSICA CHEGA ÁS FESTAS DO CRISTO
O Plan +Música da Deputación de Pontevedra estará presente nas Festas do Cristo de Cangas con tres propostas musicais que se celebrarán no recinto feiral de Naves de Ojea.
A programación inclúe o concerto infantil de A Gramola Gominola, que terá lugar o 23 de agosto ás 20.00 horas.
O 25 de agosto será a quenda de Alana, ás 22.00 horas, e de Nacho · Faia · Lar, que actuarán ás 23.00 horas no mesmo recinto.
Estas actuacións forman parte da programación musical das Festas do Cristo 2026 e contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Cangas.
PROGRAMACIÓN
A Gramola Gominola
23 de agosto
20.00 horas
Recinto feiral de Naves de Ojea
Alana
25 de agosto
22.00 horas
Recinto feiral de Naves de Ojea
Nacho · Faia · Lar
25 de agosto
23.00 horas
Recinto feiral de Naves de Ojea
- Log in to post comments



