O Centro Social acolle o obradoiro familiar de instrumentos de raíz "O Gaiteiro Verde"
O Centro Social de Cangas acollerá o vindeiro venres 18 de setembro, ás 18:00 horas, o obradoiro familiar "O Gaiteiro Verde": construír, tocar e levar, unha proposta da Fundación Legar e do investigador e músico Xabier Blanco para achegar a música de raíz á rapazada e ás súas familias.
Durante a actividade, cada familia confeccionará pequenos instrumentos tradicionais, aprenderá a facelos soar e poderá levalos para a casa. O obradoiro permitirá tamén experimentar coa música e aprender cantigas, descubrindo como algúns instrumentos poden construírse a partir de elementos sinxelos.
A actividade está dirixida a rapazada a partir dos 5 anos acompañada das súas familias, terá unha duración aproximada de 75 minutos e contará cun aforo máximo de 25 familias.
A inscrición pode realizarse previamente a través do formulario habilitado para a actividade (https://forms.gle/Ry4zv7KdqJ9Zw6AFA). Tamén será posible participar sen inscrición previa o propio día, por orde de chegada, sempre que queden prazas dispoñibles.
- Log in to post comments



