Ir o contido principal

Festa de Interese Turístico de Galicia

FacebookTwitterShare
Festa de Interese Turístico de Galicia

A Concellaría de Medio Ambiente e Turismo ven de presentar hoxe as novas bolsas promocionais do Concello. Estas bolsas, realizadas con papel reciclado, incorporan fotografías das tres Danzas Ancestrais que conforman unha das dúas Festa de Interese Turístico de Galicia coas que contamos.

A adquisición destas bolsas contou coa subvención da Axencia de Turismo de Galicia 2016. Esta subvención só contempla subvencionar unha Festa de Interese Turístico de Galicia por municipio e, “dado que durante moitos anos foi subvencionada a Semana Santa, este ano dedicouse ás Danzas Ancestrais”.

Coincidindo coa celebración da primeira Danza Ancenstral do ano, a Danza de Aldán, o concello presenta e pon a disposición de toda a veciñanza ditas bolsas. Poderán recollelas esta semana na Biblioteca Municipal de Aldán e ao longo do ano na Oficina central de Turismo situada na Casa da Bola. “A recuperación e conservación das Danzas Ancentrais de Aldán, Darbo e O Hío é un exemplo claro do orgullo que a veciñanza sinte como propio. Trátase dunha iniciativa admirable que hai que apoiar sen dúbida. Dende a Concellaría só me queda agradecer ás Asociacións que se encargan, con moito esforzo e dedicación, a divulgar o noso patrimonio, que nace dun sentimento e facer común”.

Este agradecemento faise extensivo a tódolos colectivos que organizan as dúas Festas de Interese Turístico de Galicia coas que contamos en Cangas:

Danzas Ancestrais:

  • Asociación Cultural Danza de Aldán.
  • Asociación Cultural Danza de Darbo.
  • Asociación Cultural Danza de O Hío.

Semana Santa:

  • Asociación del Santísimo Cristo del Consuelo.
  • Hermandad de la Virgen de los Dolores y la Soledad.
  • Hermandad del Cristo Resucitado.
  • Confradía de la Misericordia.
  • Agrupación de San Pedro.