Ir o contido principal

CINE CLUB CANGAS proxecta: SENTIMENTAL

FacebookTwitterShare
sentimental

O venres 23 de abril, día do libro, proxectarase a película de Cesc Gay SENTIMENTAL no Auditorio de Cangas ás 20:30 horas.

Que a choiva non te faga perder un bo plan, vémonos!

 

FICHA TÉCNICA


España, 2020
V.O.E.
Dirección: Cesc Gay.
Guión: Cesc Gay.
Intérpretes: Javier Cámara,
Griselda Siciliani, Belén Cuesta,
Alberto San Juan.
Fotografía: Andreu Rebés.
Música: Matti Bye.
Duración: 82 min.

 

PREMIOS

  • Premios Goya: Mellor actor de reparto (Alberto San Juan).
  • Premios Forqué: Mellor actor (Javier Cámara)
  • Premios Feroz: Nomeada á mellor comedia, dirección, actor e actor de reparto
  • Premios Gaudí: Mellor actor de reparto (Alberto San Juan).


SINOPSE


Julio e Ana son parella desde hai máis de quince anos. Unha parella que non se mira nin se toca e que converteu o combate diario na linguaxe e a esencia da relación.
Esta noite Ana convida a unha parella de veciños máis novos ca eles que os acolleu desde o primeiro día con amabilidade e simpatía, aínda que os seus “ruídos” convertéronse nunha molestia para Julio e Ana... ou quizais nun estímulo. Esta noite os veciños serán causantes e vítimas dun tsunami cunha inusual e sorprendente proposta. Os catro non poderán evitar unha velada escesiva e catárquica.

 

Reserva a túa entrada.
A reserva é válida ata 15 minutos antes da proxección.

CRITICA