"BRAZOLINDA: UNHA CASA CHEA DE XOGOS"
A Casa da Bóla acollerá o sábado 12 de setembro a actividade Brazolinda: unha casa chea de xogos, unha xornada dirixida a público familiar con crianzas pequenas.
A proposta desenvolverase en dous horarios, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e permitirá achegarse a unha colección de xogos artesanais creados integramente en galego.
A actividade incluirá propostas educativas, cooperativas e interxeracionais pensadas para que persoas adultas e crianzas poidan xogar xuntas. A través do xogo, Brazolinda promove o uso da lingua galega dun xeito natural, participativo e vinculado ao lecer compartido.
A iniciativa está promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.
DATOS DA ACTIVIDADE
Actividade: Brazolinda: unha casa chea de xogos.
Data: Sábado, 12 de setembro.
Horario: De 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
Lugar: Casa da Bóla.
Público: Familias con crianzas pequenas.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas.
Colaboran: Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.
- Log in to post comments



