BAOBAB TEATRO presenta ÁS PARA ALEX
Baobab Teatro presenta o seu novo espectáculo “Ás para Álex” no Auditorio de Cangas o día 21 de maio ás 18:00 h, as entradas pódense mercar en ataquilla.com e no mesmo día na billeteira do Auditorio 2 horas antes. Todo o que se recade nesta función estará destinado a Proxectos de Axuda a nenos/as oncolóxicos e as súas familias, por iso, habilitamos unha fila cero, para quen non poida asistir á función pero queira colaborar, nesta ocasión contamos coa asociación ASANOG (Asociación de axuda a nenos/as oncolóxicos de Galicia), para colaborar podes facelo neste nº de conta: ES61 2100 1453 2102 0025 9900.
SINOPSE
“Ás para Álex” é un espectáculo inspirado nunha historia real dun neno de A Coruña.
Álex é un neno que coma calquera neno de 8 anos encántalle correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque..., a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - porque a min?, porque non podo xogar? Porque, porque e porque?....,
Álex está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor e deixa ata de soñar cun futuro, pero un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso, con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.
Espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenas/os a partir de 5 anos.
Duración 45 minutos
FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA
Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira
Guión: Andrea Bayer
Dirección de manipulación: Óscar Ferreira
Actores/actrices: Cora Velasco e Xose Esperante
Deseño de escenografía: Óscar Ferreira
Construción escenografía: Óscar Ferreira
Vestiario: Baobab Teatro
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Deseño de espazo sonoro: Daniel Abalo
Monicreques e aderezo: Óscar Ferreira
Deseño e publicidade: Ismael Calvo (Ovo publicidade)
Material audiovisual: Ana Tasende
Venda de localidades:
Aticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas) https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-cangas/12096--baobab-teatro-presenta-as-para-alex.html
/ Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Prezo da entrada: 5 euros.
Info: http://auditoriomunicipaldecangas.blogspot.com/2021/05/baobab-teatro-presenta-as-para-alex.html
- Log in to post comments