Ir o contido principal

38 Mostra de Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)

FacebookTwitterShare
mostra

O día 1 de xuño foi a presentación da 38 Mostra de Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) que contou coa asistencia, por parte do Concello, da Alcaldesa Victoria Portas e as Concelleiras Aurora Prieto e Ingrid Loredana.

👉A Mostra afronta a súa 38 edición con dez días de teatro con catro estreas absolutas e un acto de homenaxe a Xosé Manuel Pazos. Entre o 1 e o 10 de xullo, Cangas será escenario de máis de 20 espectáculos co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar do mellor teatro cómico feito dentro e fóra de Galicia.

👉Podedes atopar toda a información pormenorizada dos espectáculos e actos na páxina web da Mostra: https://www.mostrateatrocangas.gal/

🎉Benvidos a un novo mes de cultura!🎉