BIBLIOTECA DE ALDÁN. Venres 21 de outubro ás 18:00h.
A MALETA VIAXEIRA "CONTAMAXIAS". O Mago Paco.
Esta vez, O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!!
Nenos e nenas (De 3 a 99 anos)
- Log in to post comments



