Ir o contido principal

Programa de autocoidado, consciencia corporal e relaxación

FacebookTwitterShare
cartel autocoidado

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo, Sanidade, Transparencia e Participación Veciñal, hoxe 8 de xuño poñemos en marcha un Programa de autocoidado, consciencia corporal e relaxación dirixido a un grupo de mulleres que estiveron expostas á violencia de xénero. Este programa de 8 sesións on-line vaise desenvolver nos meses de xuño e xullo e está financiado dentro do Fondo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

A exposición á violencia de xénero moitas veces provoca nalgunhas mulleres unha percepción de gran sufrimento físico e emocional, asociando o seu corpo coa dor e con sensacións de tensión, de parálise e cun autoconcepto negativo. Dentro das necesidades de recuperación e reconstrución persoal e da súa autoestima tamén está a toma de conciencia do seu corpo en sentido positivo favorecendo o bo trato cara unha mesma dende o autocoidado.

As sesións conteñen os seguintes criterios:

.Tomando conciencia do noso corpo.

. Desbloqueando, liberando a nosa respiración, as nosas tensións, represións.

.Realizando movementos suaves acompañados do noso ritmo respiratorio.

.Traballando desde microestiramentos e movementos orgánicos.

.Experimentando a relaxación activa e pasiva, así como a procura do tono xusto.

.Baleirámonos para deixar que o corpo fale e respire

A finalidade é a procura dun espazo propio, que supoña calma, para coñecerse, tomar conciencia de si mesmas e recoñecer as súas posibilidades máis alá dos límites nas que moitas veces estiveron expostas.

As sesións serán coordinadas co Centro de Información ás Mulleres e impartidas por por Maite Campos Gómez. Pedagoga, especialista en técnicas corporais.

 

autocoidado