Ir o contido principal

NOVA APP DO CONCELLO

APP

O Concello pon en marcha una aplicación móbil gratuíta dispoñible tanto para iOS como Android, que facilita o acceso da veciñanza e turistas á información relevante do concello, como actividades, e ao mesmo tempo permite comunicar calquera incidencia que observen.

A súa finalidade é dar resposta á demanda de crear un produto que favoreza “a transparencia e accesibilidade directa ás veciñas e veciños, ao tempo que nos permite dar a coñecer o concello en tódolos seus puntos e axiliza a detección de incidencias que temos que solucionar”, tal e como detalla Victoria Portas, alcaldesa deste Concello.

Os veciños/as e turistas poderán gozar dunha experiencia de usuario/a cómoda e intuitiva.

 APP de Cangas disponible en :

1️⃣ Play Store ou Google Play para Android, e buscar Concello

de Cangas.

2️⃣ App Store para iOS

3️⃣ Por Códigos QR que poñemos a disposición da veciñanza

nos carteis da APP e das actividades do noso Concello.