
Contas Claras é un proxecto que aposta por abrir canles de comunicación entre concello e veciñanza para falar da planificación e da xestión dos nosos recursos económicos. É o paso previo a uns orzamentos participativos!
Dous son os obxectivos principais:
- A transparencia e accesibilidade dos datos. Queremos comprender.
- A conversa e a discusión sobre os tipos de investimento e ingresos do concello. Queremos reflexionar.
