Ir o contido principal

Casa da Cultura

Casa da Cultura de Cangas
Dirección Praza San Xoán, 10. 36940 - Cangas
Horario

Horario de inverno
- De luns a venres de 8:30 a 21:00.
- Sábados de 10:00 a 13:00.


Horario de verán:
- De luns a venres de 8:30 a 20:30.

Espazos na Casa da Cultura

  • Auditorio ou Salón de Actos: espazo cun uso habitual para reunións de diferentes colectivos, ensaios, presentacións de publicacións e usos varios, sempre de carácter sociocultural e previa solicitude e presentación de instancia cun mínimo de 3 días de antelación.
  • Sala de exposicións “Ángel Botello”. Alberga ao longo do ano exposicións das diferentes artes: pintura, fotografía, escultura…
  • Seminario 1 e seminario 2: espazos con capacidade para 15-20 persoas, empréganse para reunións e cursos.

 

Como solicitar o seu uso

Indicar sempre na solicitude o motivo do seu uso, se a solicitude é para cursos, charlas ou exposicións, debe achegarse información sobre a actividade que se vai desenvolver.

 

Descargas