Ir o contido principal

Bibliotecas Municipais de Cangas

O Concello de Cangas, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e á información en condicións de igualdade a toda a cidadanía, inaugurou en 1989 a Biblioteca Pública Municipal de Cangas, situada nun edificio construído para tal fin a carón da Praia de Rodeira, coñecido popularmente como a "Casa da Cultura de Cangas". Anos máis tarde, no ano 2001 e co fin de descentralizar o servizo e estender os beneficios do mesmo a todo o ámbito xeográfico do municipio, creáronse bibliotecas nas parroquias de Aldán, Darbo, O Hío e finalmente no ano 2003 en Coiro, todas elas inscritas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. 

Todas contan con ordenadores con conexión a internet, escáner e servizo de impresora  para que os usuarios e usuarias que o precisen poidan facer uso deles. Ademais de rede Wifi que proporciona conexión gratuíta, incluso fóra dos horarios marcados de apertura.

Dentro do material que forma parte do fondo documental das bibliotecas, préstase atención á música, DVD, e Banda deseñada.

As bibliotecas municipais contan cunha programación trimestral de carácter constante e cun blog a disposición dos usuarios e usuarias, onde se poden consultar ademais das actividades de animación á lectura, todo tipo de cuestións en relación ás bibliotecas, horarios, servizos, enlaces relacionados co ámbito bibliotecario e de interese para a poboación lectora, así como a consulta do catalogo en liña.

http://www.bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com

A biblioteca Central de Cangas é depositaria do Fondo Teatral María Casares, onde se atopará unha extensa documentación. Pode obter máis información sobre a mesma na páxina oficial da biblioteca: https://www.bibliotecaspublicas.es/cangas/

 

Consulta de Documentación da Historia Local

A colección local especialízase en todo tipo de documentación e a súa temática ten relación con Cangas ou as súas parroquias, ademáis de bibliografía producida en Cangas ou a escrita por autores e autoras cangueses. Así pois, nel podemos atopar información sobre: arte, etnografía, turismo, historia, economía, teatro, música, patrimonio, arqueoloxía, mar e pesca, recursos naturais, etc.

Este fondo documental alberga todo tipo de materiais, tales como monografías, revistas, trípticos, folletos, carteis, fotografías, catálogos,  libros de festas, guías etc.

 

Como facerse soci@ das bibliotecas do Concello

Para obter o carné do servicio de  bibliotecas débese cubrir o Impreso  que se facilitarán en calquera das Bibliotecas  do Concello cos datos persoais.

 

Servizos Bibliotecarios

.Préstamo a domicilio

            -Material bibliográfico e audiovisual

. Préstamo en sala 

.Conexión a Internet

            -Pcs fixos, con escáner e impresora

            - Wifi

.Información bibliográfica

.Formación de usuarios

.Visitas escolares guiadas (previa cita)

.Actividades de animación á lectura.

.Servizo de novidades, in situ e online ( blog)

.Suxerencias ou desideratas,

.Mediateca

.Centro de Consultas de Documentación de Historia Local

 

Bibliotecas municipais

 

Biblioteca Central de Cangas

Bibliteca central

 

       Praza San Xoán, 10. 36940 - Cangas

       986 304 126

       + info

 

 

 

 

 

 

 

Biblioteca de Aldán 

Biblioteca Aldan

 

       Avda. José Graña, 2. 36945 - Aldán

       986 328 360

       + info

 

 

 

 

 

 

 

Biblioteca de Coiro 

Biblioteca Coiro

 

       Rúa O Cruceiro, s/n. 36940 - Coiro

       986 302 597

       + info

 

 

 

 

 

 

 

Biblioteca de Darbo 

Biblioteca Darbo

 

       Rúa do Piñeiro, 3. 36949 - Darbo

       986 302 283

       + info

 

 

 

 

 

 

 

Biblioteca do Hío

Biblioteca Hio

 

       Estrada do Viso a Vilanova, 53. 36948 - O Hío

       986 328 358

       + info