Ir o contido principal

Unidade de Atención a Drogodependencia (UAD)

UAD
Dirección Avda. de Ourense, 46. 36949 - Cangas
Horario

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas.

Horario da dispensa de medicación de 9:00 a 14:00 horas.

A Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) atende a persoas de Cangas, Moaña e Bueu, con problemas de abuso de drogas ilegais, legais (alcoholismo e tabaquismo), ou adiccións comportamentais. Ademais presta asistencia a familiares que demanden orientación. A atención é gratuíta, confidencial e voluntaria.

Realízanse programas de tratamento libres de drogas, derivados opiáceos, tabaquismo, interditores do alcohol, psicoestimulantes, desintoxicacións, prevención de recaídas, etc. O tratamento é personalizado, interdisciplinar, científico, comunitario e ambulatorio (pode derivarse á Unidade de Día en Vigo ou Pontevedra, ou Comunidade Terapéutica en Tui).

O equipo está formado por 2 psicólogos especialistas en clínica, un médico psiquiatra, unha traballadora social, unha D.U.E., unha auxiliar de enfermería e un auxiliar administrativo.

A UAD depende laboralmente do Concello de Cangas, pero ao estar subvencionada polo SERGAS, depende funcionalmente da Subdirección Xeral de Xestión Sociosanitaria e Saúde Mental, da Consellería de Sanidade. Ten acceso ao IANUS e citas polo SIHGA.

*Para solicitar cita preferentemente pode facelo a través do médico de cabeceira no seu Centro de Saúde ou directamente chamando ao teléfono 986 303 402.