O auditorio dispón dunha gran sala de representación con cabida para 690 espectadores. Ten 402 butacas en platea distribuídas en 13 de 32 butacas cada unha, o que se traduce nunha proximidade idónea entre público e a escena.
O anfiteatro e os palcos teñen un total de 288 butacas. O escenario conta cunhas dimensións de 17x17 metros de embocadura, 19 metros de fondo e 16 metros de altura coa súa tremoia correspondente consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.
A capacidade da sala unida as dimensións do escenario e a excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para deleitarse do teatro a música e a danza.