Ir o contido principal

Sala de exposicións do Auditorio

Sala de exposicións do Auditorio
Horario

Horario de inverno
- De luns a venres de 8:30 a 21:00.
- Sábados de 10:00 a 13:00.


Horario de verán:
- De luns a venres de 8:30 a 20:30.

Dimensións

O terceiro andar do edificio do auditorio municipal acolle unha sala de exposicións caracterizada pola influencia da luz natural e das excelentes vistas. Ten forma cuadrangular con dúas paredes dominadas por grandes cristaleiras. As dimensións son de 357,10 m²  de superficie e 72 metros lineais de parede acondicionada para colgar obras artísticas.

A sala de exposición do auditorio acolle principalmente exposicións de carácter artístico: obra pictórica, escultórica ou fotográfica; tendo cabida con carácter máis esporádico exposicións temáticas, aínda que a actividade é continua ao longo do ano. Os artistas amosan a súa obra nesta sala durante aproximadamente 20 días, tempo medio de duración das distintas exposicións que se programan.

Entre todas as exposicións que acolle o auditorio, é destacable pola súa calidade e prestixio o Certame Arte no Morrazo, creado en 1993, acollido nesta sala desde a súa apertura. Pasou a ter en un carácter bienal a partir do ano 2014, e ten lugar de mediados de xuño a mediados de xullo. Tamén debe destacarse o Salón do Cómic que se desenvolve todos os anos naterceira semana de xullo.

Como solicitar o seu uso