Horario de inverno
- De luns a venres de 8:30 a 21:00.
- Sábados de 10:00 a 13:00.
Horario de verán:
- De luns a venres de 9:00 a 20:15.
O Concello de Cangas, co obxectivo de facilitar o acceso á cultura e á información en condicións de igualdade a todos os cidadáns, inaugurou en 1989 a Biblioteca Pública Municipal de Cangas, que se ubicou nun edificio construído para tal fin a carón da Praia de Rodeira, coñecido popularmente como a "Casa da Cultura de Cangas".
Anos máis tarde, e co fin de descentralizar o servizo e extender os beneficios do mesmo a todo o ámbito xeográfico do municipio, creáronse bibliotecas nas parroquias de Aldán, Coiro e O Hío no ano 2001, completándose a rede coa Axencia de Lectura de Coiro, inaugurada no ano 2003.
Desta maneira, estes catro centros pasaron a formar, xunto coa Biblioteca Central de Cangas, a Rede
O edificio da Biblioteca Central de Cangas, tamén coñecido como Casa da Cultura, foi deseñado no ano 1982 polo prestixioso arquitecto César Portela, por encargo do Concello de Cangas.
No ano 1984 arrancan as obras nun céntrico solar a carón da Praia de Rodeira, no corazón do barrio do Forte, tras derribar unha antiga nave onde se ubicaba unha coñecida sala de baile canguesa denominada "O Danubio Azul".
A obra, largamente esperada, inaugurouse o día das Letras Galegas, un 17 de maio do ano 1989, sendo o promotor o propio Concello de Cangas.
En palabras do seu arquitecto, a importancia do edificio é grande, non só pola súa función, senón pola súa situación estratéxica na fachada litoral, que o fai visible desde case calquera punto da ría.
Na súa construccións coidáronse especialmente os aspectos tipolóxicos que fan referencia analóxica á arquitectura tradicional no litoral galego, como andrómenas portuarias, estaleiros e fábricas conserveiras, enriquecidos coa presenza dun soportal perimetral e galerías.
Tamén se coidaron, ademais do tipo, a textura e a cor dos materiais, entre os que adquiren singular importancia os sillares de granito rosa das fachadas da planta baixa e o recubrimento de cunchas de vieira nas fachadas altas, que confiren ao conxunto do edificio un ton rosa nacarado e unha imaxe etérea moi peculiar, todo isto dentro dunha gran austeridade formal.
Pola contra, no seu interior, o salón de actos e a biblioteca constitúen grandes espazos a dobre altura que, combinados con outros menores, destinados a aulas, despachos e servizos, conseguen un variado efecto espacial que se enriquece aínda máis coa presenza dun hall central a triple altura, no que se organizan todas as comunicacións verticais e ao redor do cal ordénase todo o conxunto.
No centro deste espazo, unha escultura de Manolo Coia simboliza a ascendente evolución do coñecemento e o tratamento da pedra, o ferro e o plástico ao longo da historia, e fainos elevar a vista ata o ceo, coroado por un tellado acristalado.
No ano 2009, o edificio péchase durante seis meses de xuño a decembro para ser reformado, coa substitución da cuberta, carpintería exterior e dotación dun ascensor, así como outras obras menores de conservación e pintura, nas que tamén interviu o arquitecto da obra, substituíndo o característico cor vermello da carpintería exterior e barandas interiores polo gris e mailo turquesa respectivamente.