- Horario de inverno: de luns a venres de 16:00 a 20:00.
- Horario de verán: de luns a venres de 9:30 a 13:30.
A Biblioteca de Darbo, foi inaugurada no ano 2001para achegar aos cidadáns das parroquias os servizos bibliotecarios.
Ubícase no primeiro andar da recuperada Escola Vella de Darbo, que se reconstruiu e reformou coma centro cultural para os cidadáns da parroquia.
O noso edificio
Estamos no edificio coñecido popularmente como a "Escola Vella de Darbo", xa que foi unha antiga escola que daba servizo á parroquia. Foi reformada no ano 2001 como biblioteca e centro cultural da parroquia