- Horario de inverno: de luns a venres de 16:00 a 20:00.
- Horario de verán: de luns a venres de 9:30 a 13:30.
No ano 2003 asinouse un convenio de colaboración coa Igrexa de Coiro para reformar un edificio propiedade da mesma, que xa fora utilizado como escola, e situado no lugar de Cruceiro, en pleno centro neurálxico da parroquia.
Trala reforma, este centro pasou a albergar a Axencia de Lectura Municipal de Coiro e o Centro Social para usos sociais e culturais dos colectivos e veciños da parroquia.
A Biblioteca ubícase na planta superior do Centro Cultural de Coiro, inaugurado no ano 2003, trala reforma dun edificio cedido durante 30 anos pola Igrexa trala sinatura dun convenio co Concello de Cangas, convertíndoo en referencia cultural da zona centro e norte da parroquia, facendo á vez de biblioteca, centro social e centro cultural da parroquia.