Ir o contido principal

Xosé Manuel Pazos Varela

Horario

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.

Horario do Rexistro Xeral: de luns a venres de 9:00 a 14:00.

Alcaldía, Persoal, Movilidade Tráfico, Seguridade, Cultura e Normalización lingüística

- Alcalde.

- Presidente da Xunta de Goberno Local e do Pleno da Corporación Municipal.

- Competencias directas en Réxime interno (Persoal, Contratación, Arquivo), Corpo de Seguridade (Policía Local, Protección Civil, Tráfico), Relacións Veciñais e Relacións Institucionais.

 

Xosé Manuel Pazos Varela naceu na parroquia de Coiro no ano 1957. Mestre de profesión, traballou varios anos na montaña Sanabresa e despois, desde 1984, en colexios públicos da parroquia de Darbo (Montecarrasco e San Roque).

Exactor, exdirector, autor e tradutor teatral, participou activamente na posta en pé do movemento teatral cangués e galego desde os anos setenta.

En política, entrou no ano 1990 na Xestora Municipal como responsable de Persoal e Benestar Social. Despois de pasar pola oposición unha lexislatura, volve ao Goberno Cuatripartito no ano 1995, ocupándose das áreas de Cultura e Ensino. Desde 1997 a 2001 foi  Deputado no Parlamento de Galicia e, despois dun tempo fóra da política activa, volve ao Concello no ano 2007 para ocuparse outra vez de Ensino e Cultura nun Goberno Tripartito. Logo doutra lexislatura na oposición, sae elixido Alcalde nas eleccións de 2015 facendo parte dun novo Tripartito.