Ir o contido principal

Viaxes

FacebookTwitterShare
Viajes

Existen diferentes xeitos de viaxar, diferentes son as nosas motivacións, os intereses que nos impulsan a emprender unha viaxe, e tamén son moi diferentes os xeitos que recorremos o mundo: con mochila ou con maleta; en avión, tren, bici, coche, barco ou a pé; algúns destinos preto, outros en recónditas e descoñecidas terras; co xusto ou sen estar tan atado ao presuposto; con réxime de bocata ou degustando as variadas gastronomías locais; á aventura ou nun viaxe organizado. Diversas son tamén as motivacións: aventura, relax, coñecer novas culturas e paisaxes, aprender idiomas, etc.

A nosa comunidade autónoma e o resto de comunidades ofrecen a posibilidade de escoller entre unha variada oferta de actividades cando estamos viaxando ou para viaxar.

 

Acción de verán

Programas de actividades de lecer organizado pola Consellería de traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no que poden participar mozos/as de 15 a 30 anos.

  • ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS: Viaxes de varios días nos que se poden realizar actividades moi variadas como orientación, sendeirismo, viaxes en barco, mergullo, cursos de fotografía, etc. No prezo inclúese a manutención, o aloxamento e as actividades. Hai desconto para os posuidores do Carné Xove. As reservas habitualmente son no mes de marzo. Máis información.
  • CAMPOS DE TRABALLO: Programa para mozos/as de 16 a 30 anos en Galicia, o resto das comunidades autónomas e no estranxeiro. Consiste nun grupo de mozos/as de diferentes nacionalidades comprometidos a colaborar nun proxecto de tipo social, con actividades complementarias de forma voluntaria. Os participantes teñen que pagar unhas taxas por gastos de xestión e da viaxe, así a organización proporciona aloxamento, manutención, seguros e a programación das actividades. Máis información.

 

Xuventur

Se sodes pouco aventureiros/as ou preferides outras opcións, como que vos organicen a vosa viaxe, existen unha serie de posibilidades que vos indicamos neste blog, nas que podedes gozar de viaxes a concertos, viaxes no medio natural, de multiaventura, etc.

Entre os diferentes programas aos que podedes apuntarvos están:

Escapadas de fin de semana a casas de turismo rural con actividades de multiaventura ou tamén estancias de dous días en balnearios de Galicia. Actividades de lecer organizadas pola Consellería de traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado .

Máis información.

 

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago é unha alternativa para facer deporte ao mesmo tempo que se goza dunha paisaxe espectacular, ben sexa dentro da nosa Comunidade Autónoma ou no resto de España, ademais de ser un medio económico de facer turismo sen ter que gastar moito diñeiro.

Existen diferentes camiños que podedes escoller e así pasar uns días diferentes en compañía de amigos ou acompañado/a por outras persoas peregrinas que coñezas ao teu paso:

  • Camiño Francés: Parte de Roncesvalles e entra en Galiza polo Cebreiro.
  • Camiño Portugués: Parte do Algarve e entra en Galiza por Tui (existe a variante do Camiño da Costa).
  • Ruta da Prata: Ven dende Andalucía e entra pola provincia de Ourense
  • Camiño Primitivo: Ven polo norte de España e entra pola Fonsagrada.
  • Camiño do Norte: Tamén sae pola Cornisa Cantábrica e entra en Galiza por Ribadeo.
  • Camiño Inglés: Sae de Ferrol ou existe outra variante dende A Coruña.
  • Ruta Marítima e rio Ulla
  • Camiño de Fisterra-Muxía: Neste caso a ruta é a inversa. O punto de partida é Santiago de Compostela e o destino final Fisterra ou Muxía dependendo do voso interese.

O primeiro que necesitas antes de comezar a marcha, é obter “a Credencial” que é o documento que te vai a identificar como persoa peregrina todo o camiño, e unha vez que chegues a Santiago.

Chegado ao punto de destino presentando esta “credencial” e aportando uns datos que che van pedir na Oficina do Peregrino, poderás obter “A Compostela”, diploma en latín que acredita ter feito o Camiño de Santiago nalgunha das súas variantes, tendo realizado un mínimo de 100 km a pé (o camiño tamén pode facerse a cabalo ou en bicicleta).

Máis información.

 

InterRail 

O InterRail é un pase que permite viaxar na maioría dos trens dentro dos 30 países participantes, con diferentes períodos de validez, e a calquera idade (estudantes, familias, etc).

A súa orixe remóntase ao ano 1972, cando foi concibido como un billete de tren para que a mocidade de ata 21 anos puidesen viaxar libremente durante un período de ata un mes polos países europeos. Tratábase dunha experiencia única que ampliaba as fronteiras ata chegar a 20 países europeos.

Máis información.

 

Viaxes e Música en Galicia

Recollemos aquí un pequeno listado da infinidade de Festivais de música que temos en Galicia ao longo do ano:

  • SURFING THE LÉREZ 2017: Celébrase en xuño, na Illa das Esculturas de Pontevedra e está considerado un dos festivais gratuítos de mellor calidade en Galicia.
  • RESURRECTION FEST: En xullo en Viveiro (Lugo)
  • ATLANTIC FEST: en xullo, celébrase na Illa de Arousa (Pontevedra) onde se presentan grandes artistas.
  • FREELIVE FESTIVAL: En xullo celébrase no parque acuático de Cerceda este festival de música conta cos grandes DJS do panorama español.
  • FESTIVAL PORT AMÉRICA: Habitualmente é un festival cun cartel de luxo cos mellores artistas españois e latinoamericanos, este ano, en Caldas de Reis cunha duración de 3 días no mes de xullo.
  • FESTIVAL DE ORTIGUEIRA: Vila de Ortigueira no mes de xullo, festival da música tradicional galega. Gratuíto.
  • FESTIVAL SINSAL: Na Illa de San Simón, lévase a cabo un dos festivais máis importantes e  coas bandas máis exquisitas do panorama nacional e internacional. No mes de xullo.
  • NORDESTAZO ROCK: En xullo,na explanada do porto de Malpica preséntanse artistas de primeira liña do panorama español.
  • KANEKAS METAL FESTEn xullo en Cangas, festival de música heavy metal.
  • CASTELO ROCK: En Agosto en Muros.
  • SONRIAS BAIXAS: Agosto en Bueu (Pontevedra).
  • FESTIVAL ROCKIN’ VILA: En agosto en Vilanova de Arousa.
  • FESTIVAL REVENIDAS: En agosto en Vilaxoán (Vilagarcia).
  • ARMANDIÑA ROCK: Mes de Agosto en Combarro (Pontevedra).
  • FESTA FOLC DE VILARIÑONo mes de agosto na Praia de Vilariño (Cangas). Festival de música Folk.
  • FESTIVAL O MARISQUIÑO: No porto de Vigo en agosto.
  • FESTIVAL DE PARDIÑAS: Festival en agosto en Guitiriz de música tradicional galega.
  • FESTIVAL DA LUZ: En setembro na Coruña.
  • MORRASOUND FESTIVALNo mes de setembro en Domaio (Moaña).

 

Máis info e un mapa con todos os festivais

 

Viaxes e Cinema en Galicia

A Academia Galega do Audiovisual pon en marcha unha base de datos con todas as citas festivaleiras que se celebran en Galicia. Non perdas ningún e coñece todas as convocatorias de festivais e mostras de cinema.