Ir o contido principal

Campamentos

FacebookTwitterShare
Campamentos

Concello de Cangas

O Concello de Cangas organiza dous tipos de campamentos diferentes:

ENREDOS DE VERÁN

Programa lúdico-educativo que se desenvolverá durante o verán no Concello de Cangas, en concreto nos centros educativos destinados para tal fin, que inclúe a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes naúticos, aire libre, xogos, actividades artísticas e todas aquelas encamiñadas a acadar un desenvolvemento persoal e social que favoreza tanto a comunicación como o dinamismo multicultural dos nenos e nenas que participarán nos campamentos do programa.

Os obxectivos do proxecto deben ter unha orientación á consecución de hábitos de vida saudable, fomentar actitudes solidarias e de convivencia, promover a educación e igualdade de xénero e respectar o medio ambiente.

As actividades realizaranse en dous grupos diferente

Casco urbano: nos centros de referencia, CEIP Nazaret e IES Rodeira.

 Zona Aldán – O Hío: nos centros de referencia CEIP Espiñeira e Colexio Sagrada Familia de Aldán.

Este campamento está destinado a nenos/as escolarizados, con idades incluídas entre 3 e 12 anos.

CAMPAMENTO DE DURMIDA

Durante 8 ou 10 días 50 rapaces de entre 7 e 14 anos convivirán nunha instalación xuvenil ou campamento durante o mes de agosto realizado diferentes actividades de caracter lúdico, deportivo, medio ambiental, de tempo libre que lle servirán non só de divertimento se non de crecemento persoal etc.

 

Acción verán (Campamentos Xunta de Galicia)

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través das Campaña de verán.

Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

Máis información

 

Depo Aventura (Campamento Deputación de Pontevedra)

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa "Depo Aventura A Lanzada"  e oferta oredor de 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

Máis información