Ir o contido principal

Sendeiro Circular das Pedras de Coiro

Punto de saída/chegada:         Igrexa de San Cosme ou Igrexa de Coiro

Lonxitude:                     11.74 km

Tempo aproximado:                 4 h

 

SEÑALES

 

 

 

 

 

 

 

O Sendeiro das Pedras de Coiro ten o atractivo de percorrer as zonas máis verdes e frondosas do Concello de Cangas. Por algo, a masa boscosa do Carballal,  compartida entre Cangas, Bueu e Moaña, representa o mellor expoñente de bosque caducifolio da Península do Morrazo. Boa parte disto é grazas ao río Bouzós, que nace en Chan de Ermelo, a 350 m de altitude, e que descende por Outeiro Grande e a zona de Pedrahedra formando unha preciosa fervenza e desembocando finalmente no Señal, na antiga praza das Pontes, e tras pasar por máis de 30 muiños.

O percorrido pode comezar en San Cosme, nas inmediacións da PO-551 que une Cangas e Bueu, e a un paso da saída da Autovía do Morrazo, ou na igrexa de Coiro. A Capela de San Cosme, situada xusto no límite con Bueu, data de comezos do s.XVIII e conserva en bo estado o seu escudo. E a igrexa barroca de San Salvador de Coiro, coa súa impoñente torre-campanario, visible dende moitos puntos, conta cunha espléndida vista á ría de Vigo e ao val de Coiro. Dende o Pico da Serra ou dende o Monte Pequeno, contémplanse fermosas vistas ao val a á ría de Vigo.

Ao longo do sendeiro, atopánse tres  áreas de lecer: a de Espiñeiro,  a de Os Lagos e a da Coviña, con fonte e mesas, onde poder facer un descanso. As pedras, presentes durante todo o percorrido, algunhas de gran tamaño, adoitan formas caprichosas e sempre cubertas de musgo, como a mítica Pedrahedra ou tamén coñecida como “pedra dos Fuxidos”, lugar onde se agocharon algúns veciños da vila durante a Guerra Civil.

Pódese desfrutar de grandes masas de bosque autóctono e de repoboacións de frondosas, feitas pola Comunidade de Montes de Coiro, con carballos, castiñeiros, ameneiros, loureiros, abelairas, etc e, dende hai un par de anos, cunha plantación de cerdeiras en colaboración do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán. Tamén existe unha gran variedade de fentos e liques no entorno do río.

As abundantes corredoiras empedradas e camiños fondos evidencian un pasado recente de gran actividade agroforestal e gandeira.

 

CARTEL