Ir o contido principal

Sendeiro Circular da Serra da Madalena

Punto de saída/chegada:         Punto Limpo, IES María Soliño ou IES Monte Carrasco

Lonxitude:                     9.4 km

Tempo aproximado:                   3 h 15 m

 

SEÑALES

 

 

 

 

 

 

O Sendeiro da Serra da Madalena é o que acada cotas máis altas, chegando a 334 mts no monte Leboreiro. Este sendeiro percorre os curutos dos montes da serra e as vistas son espectaculares, tanto á ría de Vigo como á ría de Aldán e á de Pontevedra, e tamén as Illas Cíes e a Ons. Nun día ben despexado, aínda alcanzaríase a ver a illa de Salvora e a Curota, en Ribeira.  

Se saimos dende o punto limpo, atopamos primeiramente o petróglifo das Abelairas, moi próximo ao límite co Concello de Bueu. Este punto arqueolóxico foi posto en valor recentemente e alí podemos ver fácilmente as inscricións circulares e cazoletas, sobre unha gran laxe. Vaise subindo pouco a pouco ata chegar á confluencia da Mesa de Montes, onde unha pista recta que se convirte en camino, atravesa un bonito bosque de carballos e de piñeiros que nos leva ata o cumio do Leboreiro, onde aínda son ben visibles os restos do antigo castro. As vistas panorámicas son de impresión.

Descendemos e continuamos cara a Madalena, deixando a un lado o monte da Garita. No punto máis alto nos atopamos coas antenas e co Trono da Raíña, unha singular pedra natural que forma un trono con vistas. Dende alí, admírase plenamente a beleza da ría de Aldán, co rosario de praias do Hío, que van dende Vilariño ata Areabrava. Dende aquí  aprézase nítidamente o perímetro da península que forma a parroquia do Hío, unida con Darbo e Aldán no istmo entre Vilariño e Liméns. Aínda arriba, ao comezo da baixada cara os institutos, atopamos o antigo marco divisorio das parroquias de Aldán e Darbo, e xa moi preto do María Soliño, as repoboacións de castiñeiros feitas no anos oitenta pola Comunidade de Montes, e que tinguen o chan cun belo e rico manto castaño. Pechando o percorrido circular, pola parte de atrás da serra, nos atopamos coa Fonte da Ola, curioso manancial que brota dunha pedra e do que, segundo a lenda, manaba auga ao subir a marea.

 

CARTEL