Ir o contido principal

Conxunto Monumental de Darbo

Conxunto Monumental de Darbo
Dirección Rúa Seixo, 19. 36949 - Darbo

[Século XVII e XVIII]

O epicentro do magnífico conxunto monumental de Darbo é a preciosa Igrexa parroquial de Santa María, un dos mellores exemplos de barroco rural que se poden contemplar en Galicia.

O actual santuario foi levantado entre os séculos XVII e XVIII. O máis destacable deste pequeno templo son as súas equilibradas proporcións e a súas cometida ornamentación, sabiamente distribuída, o que lle outorga a Santa María de Darbo a rara virtude da sinxeleza, e a converte en todo un exemplo de harmonía e bo gusto, dentro dos templos barrocos.

Fonte do adro da Igrexa parroquial de Darbo

Pero non se queda aquí a riqueza artística deste espléndido conxunto. Na parte posterior da igrexa podemos admirar unha preciosa fonte barroca, no centro da que se atopa unha imaxe da Virxe adornada por unha coroa real voada.

E no centro do adro parroquial onde contemplaremos un fermoso cruceiro, antes de que a nosa vista se dirixa aos antigos alpendres de feira, vestixio venerable da arquitectura popular e da cultura ancestral destas terras.