Ir o contido principal

O Hío

O Hío
Dirección Situada no oeste do termo municipal de Cangas

Ademais da súa historia, Hío deleitaranos coa súa natureza. Así poderemos recrearnos vendo os cantís da Costa da Vela, que abarcan a liña costeira ata Cabo Home; o parque natural das Dunas de Barra (segundos en importancia da provincia) ou os cantís da costa da Vela e Soavela son os mesmos, dunha beleza sorprendente. Tamén podemos facer unha ruta a pé polo camiño que ascende ata o cumio do monte de O Facho. Dende aquí o viaxeiro pode contemplar ademais das Illas Cíes e Ons, unha panorámica impresionante que abrangue gran parte das Rías Baixas.

A súa proximidade ás Illas Cíes e as Illas Ons (o Parque Nacional Illas Atlánticas ) confírelle un carácter moi mariño, ao acharse rodeado de mar, o océano Atlántico ao oeste, norte e sur, e a Ría de Aldán ao leste.

A parroquia de O Hío conta cun conxunto monumental de extraordinaria importancia, O Cruceiro de Hío, considerado o cumio da arte popular en Galicia, do que cómpre admirar de vagar as súas numerosas figuras e múltiples rostros que o animan compoñendo a historia da redención dos homes.

O folclore tamén ten unha mención relevante pola famosa Danza de San Roque, que o día 16 de agosto, báilase no atrio parroquial fronte ao famoso cruceiro.

Lugares de Hío: Donón, Igresario, Nerga, Pinténs, Vilariño, Vilanova e Liméns.

Praias

De leste a oeste e de sur a norte: Temperáns, Os Castros,  Nerga, Viñó, Barra, Melide, Couso, O Portal, Rabáns, Alada, Estrepeiros, Areabrava, Castiñeiras, Pipín, San Xián, Pinténs, Arneles, A Testada, Liméns e Vilariño.

Que visitar

  • Cruceiro do Hio.
  • O Facho.
  • Costa da da Soavela (Costa da Vela), e faro de Cabo Home.

Festas e celebracións

  • Festas do Cristo da Luz, o primeiro domingo de Xullo.
  • Festas de Santiago de Donón, o 25 de Xullo.
  • Festas de San Lorenzo, o 10 de Agosto.
  • Festas de San Roque, o 16 de Agosto.
  • Festas de San Andrés, o 30 de Novembro.

 

A danza de San Roque no Hío:

A danza de San Roque está declarada de interese turístico galego.

Ten lugar o 16 de agosto despois dos oficios relixiosos. O Cruceiro do Hío é o escenario no que se interpreta a tradicional Danza coñecida como «Danza de San Roque» ou «Dos Peregrinos», que data do século XIV e da que se conservan varias hipóteses sobre a súa orixe. Un requisito imprescindible para ser mordomo ou danzante desta celebración é ser natural do Hío. A Contradanza é a parte realizada de regreso á igrexa cando San Roque volve ao templo. Bailan sen chaqueta pola tarde.

A diferencia entre as dúas pezas, Danza e Contradanza, está na velocidade dos movementos e nos instantes en que se interpreta. A Contradanza ten uns tempos de catro por catro, é dicir, unha muiñeira que é tamén como se coñece esta parte da peza. A Danza acompaña á procesión sen que os danzantes cesen de bailar durante a mesma, mentres que a Contradanza realízase a maior velocidade no adro á recollida da solemne procesión.