Ir o contido principal

Praza de Abastos

Praza de Abastos

Construída no ano 1925 grazas aos fondos aportados por Don Félix Soage Villarino na súa vila natal. O edificio, pódese considerar como un monumento arquitectónico de principios de século XX. Mostra unha distribución moi característica: unha zona central de venda de  peixe fresco da propia ría; zonas laterais con venda de carne e peixe conxelado e a parte superior dedicada á venda de froitas e hortalizas.
 
A praza de abastos de Cangas forma parte da Federación de Prazas de Abastos de Galicia.