Ir o contido principal

Fonte Ferreira

Fonte Ferreira
Dirección Avda. de Moaña, 17. 36940 - Cangas

É un dos lavadoiros máis grandes dos que se conservan pola zona, onde antigamente as mulleres acudían a lavar a roupas sucia, sendo ao mesmo tempo lugar de encontro e intercambio de confidencias.
 
Estes lavadoiros situábanse en lugares onde había manancial de agua propia.
 
Ademais, na maioría dos casos, estaba rodeado de zonas verdes, o que facilitaba ás mulleres poñer a roupa a clareo, e así conseguíase ese ansiado acabado impoluto, que tanto venden na televisión.
 
Inda que pareza anecdótico, hoxe en día hai moita xente que segue a lavar a roupa nestes lavadoiros.