Punta Rodeira. 36940 - Coiro
Pequena praia semiurbana de acceso peonil, moi preto da praia de Rodeira. Grandes rochas e area fina e branca. Tamén coñecida coma praia das Ratas por estar situada fronte ás illas Ratas.
- Lonxitude: 200 m.
- Anchura media:10m.
- Composición: Area branca
- Condicións de baño: Ondada moderada
- Nudista: Non
- Vexetación: Si
- Equipo de salvamento: Non
- Tipo de acceso: A pé (complexo)
- Sinalización: Non
- Vía máis próxima: PO-551
- Posición GPS: 42º 15´ 32,43´´ N // 8º 45´ 48,98´´ O


