Ir o contido principal

Anedia

Anedia

Somos un grupo de familias que vivimos coa diabetes, aprendemos a pór insulina, a calcular racións, a coñecer a diabetes, a convivir con ela. Cando saímos do hospital, despois do debut, non nos sentimos preparados, temos moitas preguntas, novos trebellos, novas palabras. Os nosos fillos ou fillas teñen que cambiar a súa forma de comer, teñen que levar encima o glucómetro, azucre, etc. e aturan uns pais que agora teñen medo do que lles poida pasar, que non os deixan ir comer á casa de ninguén e nin pensar en durmir fóra.

Despois do hospital, volver á rutina diaria, que é iso?, non sabemos que lle imos dar de comer, que debemos facer no colexio…

A finais do 2012 varias nais e pais de Pontevedra e Marín, tomaron a determinación de fundar unha asociación que tivese en conta as necesidades dos raparigos con diabete. A comezos do 2013 fíxose realidade, creouse a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia. Pensamos que para conseguir os obxectivos que nos marcamos era fundamental que a devandita asociación fose a nivel galego, pois non se trata dunha problemática dun lugar determinado senón que era xeralizado ao longo de todo o territorio de Galicia.

Datos de Contacto: Centro Sociocomunitario,  Avenida de Castelao n.º 4 , 36940 Cangas do Morrazo

Facebook