
ADICAM é una asociación de diagnosticados de cáncer de mama e xinecolóxico que leva 18 anos traballando en Cangas. Dende a asociación ofrecemos una atención integral á persoa diagnosticada que inclúe atención psicolóxica (tamén para os familiares), asesoramento de traballadores sociais, asesoramento en materia de nutrición, estética e laboral, servicio de fisioterapia centrado no drenaxe linfático, entre outros. Ademáis, realizamos diferentes actividades para a poboación xeral enfocadas a sensibilización, a prevención, a promoción dos hábitos saudables ou o ocio e tempo libre.
Datos de Contacto: Casa da Bola, C/ Valentín Losada nº 1 1º, 36940, Cangas.
Atendemos de luns a vernes polas mañás de 10:00 a 14:00 e os luns e martes pola tarde de 17:00 a 19:00 horas.
