Ir o contido principal

1 de decembro: Día Mundial da loita contrao VIH

Dia internacional contra a VIH

Día Mundial da Loita contra a SIDA que se celebra o 1 de decembro de cada ano, dedícase a dar a coñecer a epidemia de SIDA global causada pola extensión da infección do VIH.

Elixiuse o día 1 de decembro debido a que o primeiro caso de SIDA foi diagnosticado neste día en 1981. Desde entón, a SIDA matou máis de 25 millóns de persoas en todo o mundo, e é unha das epidemias máis destrutivas da historia. A pesar de que se mellorou o tratamento antiretroviral e de que existe un maior acceso a el no mundo desenvolvido, a epidemia de SIDA levou entre 2,8 e 3,6 millóns de vidas en 2005, das que máis de de medio millón (570.000) eran nenos.

A idea de dedicarlle un día á loita contra a SIDA no mundo orixinouse no Cume Mundial de Ministerios da Saúde de 1988, dentro dos programas para a prevención da SIDA. Desde entón, foi adoptado por gobernos, organizacións internacionais e caridades ao redor do mundo.