Ir o contido principal

Intervención socioeducativa na aula

Obradoiro de educación afectivo sexual/vínculo amoroso.

Unha educación sexual que se base no respecto á diversidade e que eduque para a convivencia e a igualdade, contribúe a que poidamos entendernos e aprendamos a entender as realidades das outras persoas.

Obxectivos

Propiciar unha formación baseada na normalización da sexualidade, a igualdade e o respecto que contribúa ao desenvolvemento dunha sexualidade e uns vínculos saudables.

Contidos

  • Conceptos. O corpo sexuado, identidade, desexo, expresión e orientación sexual.
  • A diversidade sexual.
  • Roles de xénero. Coeducación. Mitos en torno ao amor.

Destinatarios

Alumnado de ESO, Bacharelatos e ciclos formativos. A demanda en EPO.

Metodoloxía

Non directiva, intentando establecer espazos de expresión, escoita e elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo.

En todo caso, activa, participativa, dinámica e construtiva.

Inscrición

Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.

 

Obradoiro de habilidades sociais.

Reflexión e práctica en torno á adquisición de competencias e actitudes que nos fan sentir mellor e nos axudan a establecer relacións sociais máis satisfactorias.

Obxectivos

Recoñecer e coñecer as habilidades sociais, practicalas e reflexionar sobre a súa utilidade para sentirnos mellor e relacionarnos dun xeito satisfactorio.

Contidos

  • Habilidades básicas: escoitar, atender, facer un cumplido…
  • Habilidades complexas: Empatía, asertividade, negociación, resolución de conflictos…

Destinatarios

Alumnado de ESO

Metodoloxía

Non directiva, intentando establecer espacios de elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo e a creatividade.

En todo caso, activa, participativa, dinámica e construtiva.

Inscrición

Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.

 

Obradoiro de competencias emocionais.

Aprender a escoitarse, a identificar as emocións, a linguaxe corporal, e os pensamentos que xurden de todo isto. Manexo de emocións para sentirnos ben e mellorar as nosas relacións.

Obxectivo

Repensar o desenvolvemento dende o traballo coa linguaxe, a creatividade, o pensamento crítico e o manexo emocional.

Contidos

Recoñecemento e coñecemento das emocións.

Pensamento crítico, diverxente e creativo.

Manexo emocional.

Destinatarios

Alumnado de ESO.

Metodoloxía

Non directiva, intentando establecer espazos de elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo e a creatividade

En todo caso, activa, participativa, dinámica e construtiva.

Inscrición

Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.