
Programa de intervención socio-educativa que inclúe actividades de reforzo académico e actividades lúdicas co obxectivo da integración social dos menores con dificultades. É un programa dirixido á inclusión activa e a loitar contra a pobreza da poboación máis vulnerábel, dende a activación e creación de ferramentas para un futuro en igualdade de oportunidades.
Búscase:
- Promover a adquisición dos hábitos e técnicas de estudo que permitan acadar o éxito académico, diminuíndo así o risco de abandono, desinterese ou fracaso escolar.
- Favorecer a motivación dos/as alumnos/as cara os estudos.
- Promover a reflexión sobre a actividade do estudo e os beneficios que proporciona sobre a persoa que a realiza. Fomentar bos hábitos de organización e planificación do estudo e adquirir as técnicas de estudo necesarias para desenvolver a tarefa académica con éxito.
Descrición das actividades:
Martes:
- 1º Grupo de 16:00-17:00 horas: Reforzo educativo primaria
- 2º Grupo de 17:00-18:00 horas: Reforzo educativo primaria
- 3º Grupo de 18:00-19:00 horas: Habilidades sociais secundaria.
Xoves:
- 1º Grupo de 16:00-17:00 horas Reforzo educativo primaria
- 2º Grupo de 17:00 -18:00 horas: Reforzo educativo primaria
- 3º Grupo de 18:00-19:30 horas: Reforzo educativo secundaria.