Nunha sociedade maiormente oral, quen non coñece o idioma tende a recibir trato excluinte e isto limita a igualdade de oportunidades e a integración dunha forma real e efectiva.
Por iso, no Centro Sociocomunitario lévanse a cabo clases de español pola Asociación Rexurdir, cofinanciado pola Estrategia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020). Co fin de formar a adultos na lingua castelá, e axudalos na obtención do graduado escolar, bacharelato, competencias clave, CELGA...