Ir o contido principal

Xoguetes non sexistas: Hoxe é un xogo, mañá o seu futuro

Xoguetes non sexistas: Hoxe é un xogo, mañá o seu futuro

HOXE É UN XOGO, MAÑÁ O SEU FUTURO

Xogar é un dereito que dende as institucións e familias debemos protexer, pero tamén é unha fonte de aprendizaxe, mentres xogamos aprendemos a respectar, a tratar con igualdade, a rexeitar a violencia, se queremos unha sociedade xusta debemos educar e fomentar os xogos que nos poidan proporcionar todos estes valores.

Os xoguetes non teñen xénero, por iso esta campaña xurde do compromiso deste goberno cara a igualdade de oportunidades, igualdade real e efectiva . A maior riqueza que podemos proporcionar ás nosa crianzas é que poidan xogar libremente, sen temor a expresar os seus desexos, sen limitar as súas aspiracións, sen encasillalos nuns rols cos que non naceron.

Traballemos en rede, nas institucións, nas fábricas, nas familias para que xogar sexa un mecanismo de aprendizaxe.

Nenas e nenos deben ter liberdade para decidir a que queren xogar e que queren ser.

  1. Non hai xoguetes de nenas e de nenos. Hay estereotipos sexistas e etiquetas que limitan e encasillan.
  2. Non hai cores de nenas e de nenos, só etiquetas sociais que limitan a súa creatividade.
  3. Apostemos por xogos e xoguetes que nos proporcionen valores de igualdade, que reflexen a diversidade de cada persoa.
  4. Os xoguetes tamén ensinan, ten en conta que sexan seguros , acordes a idade e libre de prexuízos sexistas.
  5. Os xoguetes cooperativos ensinan a compartir espazos, dentro e fóra da casa, e promoven a construción dun mundo máis igualitario.
  6. Compartir xogos de hoxe, será compartir traballos e responsabilidades mañá.
  7. Xogar ensina a convivir cando se fomentan actitudes de solidaridade, de equidade e de respecto a diversidade.
  8. Xogar é aprender a imaxinar e a expresar sentimentos e emocións.
  9. Para fomentar o coidado e a atención ás persoas, as muñecas son unha opción ideal tamén para os nenos.
  10. Os xogos que representan a homes e mulleres, favorece as relacións igualitarias.
  11. Xogar é unha forma de expresarse, relacionarse e medrar en igualdade.
  12. As profesións non teñen xénero, os xoguetes tampouco.