Ir o contido principal

CAMPAÑA CONTRA AS VIOLENCIAS SEXUAIS

Campaña
logos

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, organizamos unha Campaña contra as violencias sexuais na mocidade “Relacións ConSenso” baseada nas relacións igualitarias. A finalidade da Campaña é concienciar en que só as relacións igualitarias, de respecto e con responsabilidade afectiva están libres de violencias sexuais. Relacións nas que dar e recibir coidados, relacións nas que pedir o que necesitamos e comprender o que necesita a outra persoa. Na que nos responsabilizamos dos nosos actos e do impacto que poden ter . Relacións ConSenso representa ás relacións consentidadas, consensuadas e coa capacidade sensitiva non mermada.

A guía eixo central da Campaña pretende apostar polas relacións baseadas no bo trato nas que as persoas poden sentirse libres. Así mesmo, da nocións das violencias sexuais e indicacións de como proceder ante as agresións sexuais.