Ir o contido principal

CAMPAÑA 'ACTIVA O RADAR'

activa o radar

CAMPAÑA “ACTIVA O RÁDAR TDX, ESTÁ EN TÍ”

TRANSFORMA AS DESIGUALDADES DE XÉNERO

 

 

Dende a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, elaboramos unha Campaña durante o primeiro semestre de 2021 dirixida ao alumnado e profesorado do último ciclo de primaria e primeiro de secundaria dos centros educativos de Cangas.

 

A Campaña está composta por 4 microvídeos que van acompañados de 4 unidades didácticas dixitais para traballar na aula. É unha Campaña de sensibilización contra as violencias de xénero dirixida á deconstrución dos mitos do amor romántico e as masculinidades hexemónicas. As unidades didácticas son un material de apoio ao profesorado para traballar os estereotipos de xénero nas relacións entre iguais, os mitos do amor románticos, as masculinidades, o bo trato,...

 

O programa ten como finalidade servir de guía para o profesorado para a elaboración e posta en práctica de actividades coas que traballar o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

 

OBXECTIVOS

 

  • Aportar coñecementos teóricos sobre a igualdade, a violencia de xénero e outras violencias machistas.
  • Amosar actividades innovadoras e creativas que teñen por finalidade a prevención da violencia de xénero e outras violencias machistas.
  • Fomentar a reflexión entre o profesorado e outro persoal educador para a modificación e creación de novas actividades.
  • Amosar recursos que se poden empregar na aula para traballar en favor da prevención da violencia de xénero e outras violencias machistas

 

Descarga aquí as unidade didácticas.